a cita imprescindible coa boa música
soul, rock&roll, garage, raíz americana…
O festival regresa na súa XVI edición, que encherá novembro dos directos máis excitantes e viscerais, cun cartel que celebra o soul, o garage, o rock e as músicas americanas de raíz
Artistas e bandas 2026
Kitty, Daisy & Lewis [UK]
SÁBADO 7 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Descritos como «un agasallo para aqueles que aínda cremos na maxia», os tres irmáns londinienses Kitty, Daisy e Lewis Durham, conforman un extraordinario e talentoso trío de cantantes, músicos e compositores, poden tocar calquera instrumento que teñan nas súas mans. Cada […]
Skanderani [GAL]
SÁBADO 7 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Con base na Estrada e recentemente fichados polo selo Raso Estudio, preséntanse un cuarteto de psicodelia afropunk con raíces arábigas e espírito festivo. Formados en 2022, combinan batería, baixo distorsionado, guitarra, sintes e samplers nun directo hipnótico e bailable. A súa […]
Tiwayo [FRA]
MÉRCORES 11 NOV | RIQUELA CLUB | 20.00 [PORTAS] Francés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel […]
HENGE [U.K.]
VENRES 13 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] «Atención, humanos! Non somos deste mundo. Traémosvos música de planetas distantes para que finalmente a vosa especie poida poñer fin á guerra e establecer novos fogares no espazo». Deste singular xeito presétanse HENGE. Pero a música escapa a toda definición. Ocupa […]
Oh! Gunquit [UK]
VENRES 13 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Este quinteto con sede en Londres pero de formación cosmopolita creouse ao redor da idea de combinar unha nova visión do psych-surf, garage-punk e exotica & rocknroll. Mesturando a The Cramps con The B-52’s pero achegándolle o seu propio selo, nos […]
DeRobert & The Half-Truths [EE.UU.]
SÁBADO 14 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Nunha cidade coñecida en todo o mundo como o berce da música country, DeRobert & The Half-Truths crearon un lugar para si mesmos, como os portadores da bandeira do Nashville soul. Cun son que bebe do soul, o funk, o rock […]
MRCY [U.K.]
SÁBADO 14 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Procedentes de diferentes puntos de Inglaterra e culturas dispares, o produtor Barney Lister e o vocalista Kojo Degraft-Johnson, uníronse como MRCY, conquistando de seguido a escena musical cunha proposta que mestura soul contemporáneo, R&B, gospel e influencias do jazz cunha elegancia […]
Barrence Whitfield & MFC Chicken [EE.UU / U.K.]
MÉRCORES 18 E XOVES 19 NOV | RIQUELA CLUB | 20.00 [PORTAS] Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, […]
The Fuzztones [EE.UU.]
MARTES 24 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] A banda neoiorquina é lenda viva do garage rock. Liderados por Rudi Protrudi, levan máis de catro décadas incendiando escenarios cun explosivo cóctel de garage, psicodelia e rock’n’roll primitivo. O seu son, marcado polo inconfundible órgano Vox Continental e guitarras cargadas […]
The Sadies [CAN]
SÁBADO 28 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Levan desde 1994 embriagando ao público co seu híbrido de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass. Un cóctel que nas súas mans non entende de reciclaxes, senón que soa flexible e versátil por fóra e rotundo por dentro. As súas composicións […]
Howlin’ Jaws [FRA]
SÁBADO 28 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Representan a nova onda do rock francés cunha proposta vibrante que bebe do garage rock, o rhythm & blues e o rock dos anos sesenta, reinterpretados cunha enerxía contemporánea e unha actitude irresistible. O trío parisiense chamou a atención pola intensidade […]
Terra Lightfoot [CAN]
SÁBADO 28 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS] Cunha voz prodixiosa que evoca o soul clásico e un dominio feroz da guitarra eléctrica, redefiniu as fronteiras do roots-rock e o folk contemporáneo. As súas cancións equilibran unha sensibilidade pop irresistible coa crueza do blues. Ten sido aclamada pola crítica […]
ACTIVIDADE PARALELA
moi pronto….