Barrence Whitfield & MFC Chicken [EE.UU / U.K.]

MÉRCORES 18 E XOVES 19 NOV | RIQUELA CLUB | 20.00 [PORTAS]

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a súa carreira xunto a The Savages.

Barrence e Spencer Evoy, líder e saxofonista de MFC Chicken, son vellos coñecidos, xa que traballaron xuntos en numerosas ocasións; recentemente, Spencer participou como invitado tocando o saxo barítono no último disco de Barrence cos Savages e colaborando nas súas xiras por España e Estados Unidos. Despois de que Barrence e MFC Chicken tocasen xuntos por primeira vez hai varios anos, pasárono tan ben que foi imposible non repetir a experiencia.