The Fuzztones [EE.UU.]
MARTES 24 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS]
A banda neoiorquina é lenda viva do garage rock. Liderados por Rudi Protrudi, levan máis de catro décadas incendiando escenarios cun explosivo cóctel de garage, psicodelia e rock’n’roll primitivo. O seu son, marcado polo inconfundible órgano Vox Continental e guitarras cargadas de fuzz, converteunos nunha das bandas máis influentes e respectadas do revival garage a nivel mundial.
Con discos xa clásicos como Lysergic Emanations, In Heat ou Monster A Go-Go, The Fuzztones influíron en xeracións de músicos e manteñen intacta a súa reputación como unha das mellores bandas de directo do circuíto garage. Ver a The Fuzztones sobre un escenario é asistir a unha celebración do rock máis visceral, hipnótico e auténtico. Sempre cun directo intenso, cru e magnético. Un xenuino ritual de rock ‘n’ roll abrasivo, suor e distorsión.
