The Sadies [CAN]

SÁBADO 28 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS]

Levan desde 1994 embriagando ao público co seu híbrido de garage, psicodelia, rockabilly, surf e bluegrass. Un cóctel que nas súas mans non entende de reciclaxes, senón que soa flexible e versátil por fóra e rotundo por dentro.  As súas composicións destacan pola súa elegancia, a riqueza instrumental, as harmonías de guitarras e unha capacidade extraordinaria para crear atmosferas que oscilan entre a intensidade eléctrica e a melancolía máis evocadora. A súa reputación en directo é lendaria. Teñen sido recoñecidos pola crítica mundial como unha das bandas máis compactas e feroces sobre o escenario. A pesar do falecemento inesperado dun dos seus membros fundadores, Dallas Good, en febreiro de 2022, decidiron seguir cara adiante, firmes e reconvertidos en trío defendendo tanto o seu legado como o seu presente.

Howlin’ Jaws [FRA]

Representan a nova onda do rock francés cunha proposta vibrante que bebe do garage rock, o rhythm & blues e o rock dos anos sesenta, reinterpretados cunha enerxía contemporánea e unha actitude irresistible. O trío parisiense chamou a atención pola intensidade dos seus directos, onde combinan guitarras afiadas, melodías irresistibles e unha sección rítmica contundente que conecta de inmediato co público.

Terra Lightfoot [CAN]

Cunha voz prodixiosa que evoca o soul clásico e un dominio feroz da guitarra eléctrica, redefiniu as fronteiras do roots-rock e o folk contemporáneo. As súas cancións equilibran unha sensibilidade pop irresistible coa crueza do blues. Ten sido aclamada pola crítica polo seu irresistible carisma en directo.