Tiwayo [FRA]
MÉRCORES 11 NOV | RIQUELA CLUB | 20.00 [PORTAS]
Francés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»). De volta a Francia, aquelas iniciais, T.Y.O., evolucionaron ata converterse en Tiwayo, o nome co que desde entón asina a súa carreira. Tiwayo chega ao Outono Códax para presentar Outsider, o disco que ven de publicar este mesmo ano, producido por Adrián Quesada (Black Pumas), e no que tamén participa o prestixioso guitarrista Doyle Bramhall II, colaborador habitual de Eric Clapton. Un disco que respira honestidade, emoción e un profundo respecto polas raíces do xénero.
