Oh! Gunquit [UK]
VENRES 13 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS]
Este quinteto con sede en Londres pero de formación cosmopolita creouse ao redor da idea de combinar unha nova visión do psych-surf, garage-punk e exotica & rocknroll. Mesturando a The Cramps con The B-52’s pero achegándolle o seu propio selo, nos seus discos soan como unha banda sonora de películas de serie B, de aventuras ou roadmovies. E en directo mesturan berros, ventos, guitarras como serras, timbales e divertido exótico R&R. Son como unha refrescante festa non-stop, un crisol de tolemia vudú rockandroleira pura e sen adulterar.
