Kitty, Daisy & Lewis [UK]
SÁBADO 7 NOV | SALA CAPITOL | 20.00 [PORTAS]
Descritos como «un agasallo para aqueles que aínda cremos na maxia», os tres irmáns londinienses Kitty, Daisy e Lewis Durham, conforman un extraordinario e talentoso trío de cantantes, músicos e compositores, poden tocar calquera instrumento que teñan nas súas mans. Cada un intercambia voces e instrumentos en diferentes cancións cun concerto en directo que inclúe blues, soul, folk, country, rockabilly, rock and roll e vibrantes sons vintage. Kitty, Daisy e Lewis exploran e mesturan xéneros á perfección.
Comezaron moi novos, inspiraron ao público e reuniron unha impresionante base de fans, da que forman parte desde David Lynch ata Amy Winehouse. Teñen participado en festivais de referencia como Glastonbury e nas xiras internacionais de Coldplay, Mark Ronson ou Stereophonics. O seu último traballo discográfico, Superscope, data xa de hai case unha década. Daquela foi descrito como «un disco aditivo, directo ás veas, imposible de escoitar sen moverse». E iso é tamén, precisamente, o que caracteriza os concertos dos irmáns Durham.
