Víctor Coyote + Javi Álvarez

MÉRCORES 12 NOV | RIQUELA CLUB | 20.30 [PORTAS]

Preséntase Víctor Coyote no Outono Códax en formato de trío (el mesmo, Gustavo Villamor e Ricardo Moreno) facendo a música que sempre lle caracterizou. Fuxindo do estreito mundo rítmico en que desembocou o rock, e seguindo o antigo vínculo galego coa cumbia, o merengue e a música de Porto Rico, Brasil ou Venezuela. Sendo máis Coyote que nunca, conecta  -aínda que poucos o saiban- con novas rítmicas odiadas polos europeístas máis pesados.

Ademais, nesta ocasión contará cun invitado á altura dunha cidade que é foco cultural e espiritual para xentes de todo omundo. Falamos do “raparigo marabilla” Javi Álvarez (compoñente dos míticos Fluzo, Dúo Cobra e Néboa).

Cando se unen tradición con tradición e experimentación con experimentación, ninguén pode permanecer indiferente.