Son Little

XOVES 13 NOV | RIQUELA CLUB | 20.30 [PORTAS]

A medio camiño entre o vintage e o moderno, Son Little combina soul clásico, R&B de vella escola e sensibilidades indie aventureiras nun remuíño atemporal impulsado por un virtuosismo instrumental descarnado e voces crúas e rasposas.

Nacido en Philadelphia como Aaron Earl Livingston, fillo dun predicador e dunha mestra, Son Little alcanzou fama internacional co seu álbum de debut homónimo, publicado en 2015. Aínda que as súas colaboracións con The Roots e RJD2 xa lle axudaran a forxarse un nome na súa cidade. As críticas dos seus traballos en solitario recoñecían o poder único das súas gravacións, que desposuían do pasado partes que podían reconstruírse en algo completamente novo e orixinal. NPR eloxiou as “cancións impecablemente elaboradas” de Little como “honestas e sen pretensións”, mentres que The Independent proclamouno “un talento formidable” e Vice declarou que estaba “a disolver a barreira entre o R&B e o rock ‘n’ roll”.

Son Little desprega os seus dotes vocais sobre unha amálgama de formas de entender a música negra americana, facendo da súa maneira de cantar un instrumento de fe para dar credibilidade a unhas letras que falan das contradicións no amor e da complexidade das relacións no mundo moderno.