Valerie June
XOVES 20 NOV | SALA CAPITOL | 20.30 [PORTAS
Orixinaria de Tennessee, ten unha traxectoria que contempla seis álbums. En 2021 publicou The moon and stars: Prescriptions for dreamers, que Pitchfork describiu como o seu disco “máis conmovedor e de maior alcance”. O seu último álbum, Owls, Omens and Oracles, foi publicado en abril deste 2025. Nomeada ao Grammy e tres veces nomeada aos Americana Music Honors and Awards, foi a encargada de abrir o concerto de The Rolling Stones en Londres e ten colaborado con Dan Auerbach (The Black Keys), con quen compuxo varias cancións que formaron parte do seu disco Pushin’ Against a Stone.
Coa súa amálgama de folk, soul, blues e outras especias da tradición roots estadounidense, Valerie June sintetizou unha forma de facer música que soa distintiva, atemporal e, por enriba de todo, moi persoal. Con cancións tecidas como frescas descargas medicinais ao redor do amor, a dozura, a bondade e a alegría.
