Pablo Leira

XOVES 20 NOV | SALA CAPITOL | 20.30 [PORTAS]

Formado musicalmente no Berklee College of Music, en Boston (onde, no 2020, gañou o premio Jimi Hendrix), o ferrolán Pablo Leira dedícase agora en corpo e alma á música.

En 2023 presentou de modo profesional o seu proxecto persoal co disco Dirt, Wood & Grass (Ferror Records), no que ensina cancións novas e antigas cun aire country e de modo intimista. No seu novo traballo, 207 (Esquío), que presentará en directo no Outono Códax, explora máis o lado da Americana con volume, con ecos de Neil Young ouSon Volt pero manténdose fiel á beira de The Band.