Los Sirex

DOMINGO 9 NOV | SALA CAPITOL | 19.30 [PORTAS]

Son lenda vida do rock & roll español. Non en balde Los Sirex son un dos grupos fundacionais do xénero na península, cun legado musical que se remonta a máis de 60 anos de traxectoria (nos que mesmo telonearon a TheBeatles no seu concerto en Barcelona en 1965) e un repertorio de éxitos, do que forman parte himnos como La escoba, Que se mueran los feos, Muchacha bonita e tantos e tantos outros.

A día de hoxe, un concerto de Los Sirex non é só un concerto, é unha celebración da historia do rock español, unha oportunidade para revivir a nostalxia dunha época dourada e descubrir por que esta banda, liderada dende 1960 por Antoni Miquel “Leslie”, segue sendo un referente imprescindible para os amantes do rock e do beat de todas as idades.