Principles of Joy
DOMINGO 9 NOV | SALA CAPITOL | 19.30 [PORTAS]
A banda lidertada por Rachel Yarabou (Soul Sisters) e Ludo Bors é considerada actualmente a formación de soul contemporáneo máis popular de Europa. O seu estilo caracterízase por abordar con intensidade unha gran variedade de sons clásicos do soul e o northern soul con influencias do hip hop e da psicodelia e achegamentos á pista de baile.
No escenario son pura dinamita. Cada concerto de Principles of Joy é unha celebración do soul, unha oportunidade para celebrar o xénero na súa forma máis profunda.
Con espectáculos de alta enerxía e un repertorio variado de cancións premium, Principles Of Joy é definitivamente un dos combos máis emocionantes da escena soul contemporánea internacional.
