Gilipojazz

XOVES 6 NOV | RIQUELA CLUB | 20.30 [PORTAS]

Co jazz punk por bandeira, o trío madrileño Gilipojazz, formado por Iker García, Ángel Cáceres e Pablo desmárcase totalmente da escena musical co seu estilo frenético de abordar humor e virtuosismo a partes iguais. En 2024, lanzaron o seu segundo disco, Progresa adecuadamente, co que deron un importante salto tanto a nivel español como internacional, ata o punto de se converter, en xullo deste ano, na primeira banda española de rock que actúa no prestixioso Festival de Jazz de Montreux.

Cun estilo único que mestura jazz, rock, funk, groove, metal e humor, o grupo ofrece un show explosivo e teatral que conquistou ao público e a crítica. Nomeados a tres Premios da Música, preséntanse como un fenómeno musical tan virtuoso como irreverente.

Relataba a crónica dun recente concierto do trío que: «A relación da música popular coa comedia vén de lonxe, con representantes tan ilustres como os arxenti- nos Les Luthiers, os británicos Monty Python ou o norteamericano Frank Zappa. Gilipojazz teñen un pouco de todos eles, aínda que engaden elementos locais».

Gilipojazz é unha experiencia, unha performance continua, unha canallada musical con tanto talento que ata o erro parece planeado. E iso non se ensaia. Iso lévase no sangue ou nalgún tipo raro de tolemia compartida que fai que un concerto seu non se esqueza.