Quinn DeVeaux & Mandota

SÁBADO 22 NOV | SALA CAPITOL | 20.30 [PORTAS]

É un deses artistas aos que convén seguir a pista porque todas as críticas e referencias que del se fan auguran que será un dos nomes relevantes da escena soul, internacional nos vindeiros anos.

Quinn DeVeaux pasou a súa infancia vivindo coa súa avoa, unha ex cantante de jazz, en Gary, Indiana, lugar onde tamén naceron os Jackson 5. Sendo aínda un adolescente, tras escoitar a Muddy Waters, enfiou rumbo cara ao oeste con só a súa guitarra e a súa privilexiada voz.

Xa en San Francisco, tras formar parte de varias bandas, Quinn puxo en marcha o seu proxecto en solitario e publicou o seu primeiro álbum, This could be yours. Tras ese primeiro disco trasladouse a Nashville dende onde ten publicado o resto da súa discografía, aclamada pola prensa musical.