Komodrag & The Mounodor

SÁBADO 22 NOV | SALA CAPITOL | 20.30 [PORTAS]

A formación naceu en 2019 do encontro de dúas bandas de rock, heavy e psicodelia: Moundrag e Komodor, dando como resultado un electrizante supergrupo de rock a medio camiño entre Crosby, Stills, Nash & Young, Jefferson Airplane e Grand Funk, que xerou unha química inmediata co público grazas a un directo que combina rock progresivo, heavy psicodélico, doses de groove, dúas baterías, guitarras fuzz, órgano Hammond e amplis de válvulas. Todo un ritual musical cargado de enerxía pura ao 100 %.

Impulsados pola paixón polo groove e polos riffs saturados, en 2023 publicaron o seu álbum debut, cunha acollida entusiasta, o que lles abriu as portas de varios dos mellores festivais de Francia e doutros importantes escenarios europeos.